2010. Ano internacional da biodiversidade

imagen

Unha das posibles definicións de biodiversidade podería ser a variedade de organismos que habitan nun determinado ecosistema.

É importante manter esa biodiversidade, sábese que moitas especies de organismos desaparecerán antes de ser descubertas e clasificadas, e moitas delas poderían utilizarse en beneficio do ser humano, como por exemplo o caso do fármaco Yondelis un antitumoral obtido a partires dun tunicado de orixe mariño, e como ese moitos máis.

O mantemento da biodiversidade é un aspecto imprecindible no mantemento da vida no planeta. Cada organismo ten unha función específica no ecosistema e, o mesmo que non sabemos as consecuencias da introducción de especies foráneas nun ecosistema, non podemos tampouco prever as consecuencias da desaparición de especies, xa que éstas poden evidenciarse a moi longo prazo.

Según  a Unión Internacional de Conservación de la Naturaleza (UICN), existen no mundo unhas 16.300 especies en perigo de extinción.

Tamén en España hai unha longa lista de especies ameazadas.


Investiga e analiza as causas actuais da perda de biodiversidade.

Busca as dez especies españolas máis ameazadas e indica cales son as causas.

Aporta ideas de que podes facer (tanto a nivel individual como colectivo) para preservar a biodiversidade.

 

Unha resposta a “2010. Ano internacional da biodiversidade”

  1. Estela Dixo:

    A perda de biodiversidade ven dada pola acción directa ou indirecta do home sobre o ecosistema. Unhas das causas que a provocan son, por exemplo, a sobreexplotación dos recursos naturais, como poden ser o uso indebido da pesca e a caza, a agricultura intensiva, a contaminación de habitats e recursos naturais dos seres vivos, ben sexa con pesticidas, fertilizantes, vertidos tóxicos ou outros elementos, así como a introduccion (accidental ou non) nun ecosistema de novas especies, provocando un desequilibrio entre as especies autóctonas.

    Unhas das especies mais ameazadas en España son:
    -Oso pardo, do que se estima que na actualidade o número de exemplares non chegue a 100 debido á alteración e fragmentación do seu habitat, a caza furtiva e a presencia de trampas para xabaríns das que son presa.

    -Lince ibérico, considerado o felino mais ameazado do mundo, reducíndose aproximadamente a uns 300 exemplares. As principais ameazas para a supervivencia da especie son a alteración e fragmentación do seu habitat, debida á acción humana.

    -Águia imperial, que se atopa nun estado precario de conservación, quedando aproximadamente unhas 130 parellas.

    -Lagarto xigante da Gomera, un dos reptís mais ameazados do mundo, que se creía extinto fai mais de 500 anos e foi recentemente descuberto nos acantilados do valle de El Gran Rey.

    -Foca monxe, considerada en perigo crítico, con menos de 250 exemplares adultos.

    -Cigoña negra, da que se contabilizan aproximadamente 320 parellas adultas.

    -Milano real, que podería desaparecer debido aos velenos que empregan os cazadores para acabar con animais depredadores.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.