O día mundial da auga.

Se cadra para nós o máis normal do mundo sexa abrir unha billa e ter auga potable a nosa disposición. Pertencemos a unha pequena parte parte da poboación mundial que ten ese privilexio.imagen

A auga é un composto abundante na terra pero, como podedes observar na gráfica, tan só un pequeno porcentaxe da auga do planeta é accesible ó ser humano como auga doce e éste non está regularmente repartido, nin temporal nin xeográficamente.

 

A veces pensamos que esto non nos afecta a nós, que tan só ocorre no terceiro mundo, pero non estedes tan seguros, analizade o mapa de España respecto do índice de aridez e pensade nas previsións para un futuro.

 

Por outra banda, desta auga moita non está potabilizada e pode ser vehículo e causa de diversas enfermidades infecciosas responsables de millóns de mortos ao ano, moitos deles nenos.

 

Pídovos que leades o artigo aparecido onte no diario El País.com, analizade o noso estilo de vida e comparádeo co doutros seres humanos que padecen escasez de auga. Imaxinádevos na súa situación, ainda que só fose por unha semana.

Facede un comentario crítico sobre o tema e propoñede algunhas medidas encamiñadas ao aforro de auga.

 

 

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.