o cambio climático. a maior ameaza ambiental para a humanidade

O cambio climático representa a maior ameaza medioambiental á que se enfronta a humanidade. Moitas organizacións, entre elas Greenpeace,  traballan para lograr un modelo enerxético sostible, e apostan por unha revolución enerxética capaz de reducir as emisións de gases de efecto invernadeiro, entre eles o CO2.


Tampouco barallan a opción da enerxía nuclear, polo perigo que supón a súa producción e pola perigosidade dos residuos que xera a súa utilización.

Para lograr isto é fundamental un cambio xeral na forma de producir e de usar a enerxía, sobre todo as centrais térmicas, que son unhas das maiores fontes de emisións de CO2.

Trataríase de sustituir as fontes convencionais de enerxía, baseadas na utilización de combustibles fósiles,  por outras  fontes de enerxía limpas e sostibles. Isto pasaría pola paralización dos novos proxectos de centrais térmicas, o peche progresivo das centrais nucleares e pola potenciación da investigación e desenvolvemento de proxectos encamiñados á obtención de enerxía a partires de fontes renovables

Tamén o aforro e consumo responsable de enerxía sería outro apecto tan importante como o primeiro e complementario con éste.


 

Tags: , , ,

Unha resposta a “o cambio climático. a maior ameaza ambiental para a humanidade”

  1. ines Dixo:

    O cambio climático é unha ameaza na terra. Estas circunstancias de cambio poderían modificar radicalmente a nosa vida actual se segue ese curso. O clima foi evolucionando durante millóns de anos, pero o proceso que estamos a sufrir vai demasiado rápido. Nestes anos está aumentando o desxeo, éste eleva o nivel do mar e como consecuencia sube o nivel de auga doce, o que causa unha variación das condicións ás que estamos sometidos actualmente. O cambio climático acarrea moitas consecuencias, non só ecolóxicas tamén sociais. A xente dos países máis cálidos emigraría cara os máis frios e isto podería ocasionar múltiples conflictos raciais e xenófobos.
    Temos que parar este cambio, e inda que pareza que non, tamén ,inda que a menor escala podemos facer moitas cousas, as que se mencionan no video son un claro exemplo: cerrar o grifo mentres lavamos os dentes, apagar as luces cando non son necesarias, etc. Todas as persoas debemos colaborar ademais utilizando transporte público. Polo tanto, frear este cambio é cousa de todos e cada un debe facer o máximo que poida para frear este cambio que modificaría o noso hábitat.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.