Curan o cancro de pel con células clonadas

Científicos estadounidenses cren haber atopado ao fin unha cura contra o cancro de pel,  utilizando célulmelanomaas clonadas da mesma persoa. O primeiro paciente que recibiu o tratamento foi un home de 52 anos que tras dous anos de diagnosticárselle o mal, foi declarado libre de melanoma (cancro de pel)

Os científicos tomaron unhas cantas células anti-canceríxenas e inmunes ao cancro, replicáronas 5 mil millóns de veces, e re-introduxéronas ao corpo do paciente, o que eventualmente rematou cos efectos malignos do cancro na pel do paciente.

clonacion de celulas

Isto non eliminou os rastros de cancro por completo do organismo, pero si o reduciu a algo totalmente inefectivo e non maligno, similar a como os diabéticos hoxe en día poden vivir toda unha vida ca diabetes de maneira controlada, pero sen ser levados á morte pola enfermidade.

As células clonadas (as denominadas “CD4+ T”) foron tomadas das células brancas sanguíneas do mesmo paciente, e foron modificadas para atacaren un composto químico específico atopado na superficie das células de melanoma.

O mais asombroso é que esta técnica acabou co cancro en apenas 2 meses desde que foi iniciado o tratamiento. Ademais, as novas células persistiron no corpo do home por varios meses despois de que fixeran o seu traballo,  funcionando coma un sistema inmune adicional.

Segundo os científicos, ainda que están moi emocionados e optimistas cos resultados, aclaran que a pesares de que con este primeiro paciente o resultado foi exitoso, ainda deben probar a técnica nun grupo mais grande de pacientes antes de que  saia ao mercado.

¿Poderá ser a clonación de células a futura cura de enfermidades coma o cancro ou a SIDA? ¿Poderase aplicar esta técnica a outros tipos de cancro? Quizás a enxeñería xenética nos poida axudar a combatir moitas enfermidades terminais.

 

Tags: , , ,

Unha resposta a “Curan o cancro de pel con células clonadas”

  1. maria Dixo:

    Claro que aínda está por ver, pero cabe a posibilidade de que a clonación de células sexa o método que se empregue para a curación de enfermidades terminais como son o cancro ou o SIDA.
    Se isto resultase ser así suporía un grandísimo avance para a investigación con células nai(adultas neste caso).

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.