¿que sabes das células nai?

 

A terapia con células nai abre un gran futuro no tratamento de certas enfermidades, pero existe unha controversia social sobre si é ética a forma de obter células nai embrionarias xa que terían que obterse a partir dun embrión

As células nai embrionarias posúen unha gran potencialidade xa que poden orixinar calquera tipo de tecido dun organismos, mentres que nas células nai adultas esa potencialidade é moito menor; sen embargo estase a traballar con células nai adultas manipuladas de xeito que adquiran unha maior potencialidade.

Actualmente moitos pais fan conservar as células nai do sague do cordón umbilical dos seus fillos para lles brindar a posibilidade de utilizar as súas propias células nai adultas en caso dunha enfermidade grave xa que o sangue do cordón umbilical dun bebé concentra unha gran cantidade de células nai.

Dende hai máis de 40 anos utilízanse células nai para a terapia da leucemia e outras enfermidades do sangue, pero o espectro para a aplicación de células nai adultas é  máis amplio, xa que poden utilizarse para a rexeración de cartílagos, articulacións, pel ou tejido óseo.

Tamén estase a investigar na área da Neuroloxía: a aplicación de células nai adultas brinda unha nova estratexia no tratamento para enfermedades a de Alzheimer, a de Parkinson ou a esclerose múltiple.

imagen

 

Tags: , , , ,

2 Respostas a “¿que sabes das células nai?”

  1. cristina Dixo:

    Eu creo que todos os avances para a curación de enfermidades como a enfermidade de Parkinson ou a de Alzeimer, son bos. A tecnoloxía xenética impedirá a aparición de moitas enfermidades que están nos nosos xenes, e que gracias a estas células, poderemos chegar a curar.
    O problema ven cando falamos sobre se é ético ou non o uso destas células…Un embrión é un ser completamente desprotexido, incapaz de defender os seus intereses por sí mesmo e cunha apariencia nada similar á dun ser humano adulto. Isto fai pensar a moitos que o embrión non é todavía un ser humano e que, polo tanto, pode ser utilizado o servizo del mesmo.Pero hai xente que pensa o contrario…
    Eu estou dacordo coa utilización destes, para a mellora de todos.

  2. antia Dixo:

    Dende o punto de vista legal, a utilizacion de celulas nai con fines medicinais esta permitida. Eu creo que como todo descubremento cientifico ten unha parte positiva e outra negativa, dependendo do uso que se lle de. A investigacion con celulas nai debería seguir desenvolvéndose en beneficio dos seres humanos, pero non con fines de proveito personal.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.