a nova Lucy en versión 3D


Lucy, a famosa Australopithecus afarensis, é retratada en versión 2.0

Co motivo dunha exposición en EEUU, os expertos da Universidade de Texas traballaron para facer esta recreación virtual, mediante raios X de ultra-alta resolución, dos restos máis completos de calquer adulto humán bípedo. Este esquelete consta con 80 pezas óseas de 3.2 millóns anos de antiguidade.

Con esta nova versión de Lucy poderase ver en todas as aulas do planeta mediante unha web  sen necesidade de ir a súa actual residencia en Etiopía. Outra das vantaxes que ten  é o mellor estudo do propio esquelete mediante técnicas tomográficas  (TAC)  que xa deron que pensar, afirmando que Lucy camilaba ergueita aínda que tiña o cerebro do tamaño dun chimpancé.

 

Tags: , ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.