A terra tembla en Chile

imagen

 

O sismo que sacudiu o país sudamericano de Chile o pasado 27 de febreiro deste ano 2010 foi un dos máis intensos de toda a historia coñecida (en concreto o quinto) cunha magnitude de 8,8 graos na escala Richter tivo unha magnitude tal que os científicos opinan que este fenómeno cambiou o eixo de rotación terrestre e como consecuencia os días seran máis curtos. Este terremoto foi producido polo choque do bordo converxente da placa de Nazca coa Sudamericana.

 

 

 

Este terremoto a día de hoxe causou xa máis de 795 mortos pero o terremoto de Haití, a pesares de ter unha intensidade na escala sismolóxica Richter de 7 graos este sismo ocasionou máis de 200.000 mortes debido sen dúbida á extrema pobreza deste país, o al implica a construción de infraestruturas máis vulnerables cás chilenas. Segundo os sismólogos a intensidade do sismo de Haití na escala Mercalli foi de grao 9 que significa un estado ruinoso, mentres que o de Chile foi de grao 7 denominado estado moi forte.

 


 

 

 

 


 

Tags: , ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.