Novas estratexias na loita contra as enfermidades infecciosas

Hata hai pouco a loita contra as enfermidades baseábanse principalmente na prevención, a vacinación  e a curación con medicamentos, pero na actualidade os avances no campo de exeñería xenética e outras disciplinas derivadas desta, abren o camiño a estratexias moi novedosas.

Na loita contra a gripe aviár, un grupo de investigación das Universidades de Cambridge e de Edimburgo (Reino Unido) crearon polos transxénicos que non transmiten o virus da gripe aviar.

No último número da revista “Investigación y Ciencia”,  publícase un artigo sobre a loita contra a malaria, no que se describeimagen unha estratexia novedosa: cortar o ciclo do parásito no mosquito vector e así impedir ou dificultar a súa dispersión.

Investigade: Que é a malaria? cal é o seu axente etiolóxico?, como se transmite e quen a transmite? Tenta explica brevemente o ciclo do parásito (os termos científicos que non entendas, podes buscalos en “dicciomed”.

Ten algunha relación o cambio climático e o quecemento global coa distribución xeográfica actual da enfermidade?

 

Tags: , , ,

2 Respostas a “Novas estratexias na loita contra as enfermidades infecciosas”

  1. vanquish Dixo:

    A relación entre o cambio climatico e o quencemento global coa malaria, débese a que o aumento das temperaturas favorece a propagación dos mosquitos en zonas donde antes non había ou eran escasos.
    http://www.cambio-climatico.com/vinculo-entre-el-clima-y-la-malaria

  2. Sandra Dixo:

    A malaria é unha enfermedade infecciosa producida por un protozoo parásito dos glóbulos vermellos do sange, chamado Plasmodium e transmitida polo mosquito Anopheles.
    No ciclo do Plasmodium existe un axente vector (a femia dun mosquito), donde o Plasmodium se reproduce sexualmente e un hospedador vertebrado intermediario (o ser humano u outro animal).
    Actualmente polo cambio climatico e o aumento das temperaturas o mosquito portador da enfermidade ten máis zonas coas condiciones climáticas pra vivir.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.