O escándalo das dioxinas.

Recentemente apareceu a noticia de que en Alemania, ao menos 180 porcos con risco potencial de haber consumido dioxinas foron sacrificados e comercializados antes das navidades. A carga dioxinas permitida é de 0,75 nanogramos/kg. e a carne dos porcos presentaba valores que superaban máis de dúas veces estes valores.

imagen

O primeiro caso de contaminación por dioxinas neste país soubose en marzo, pero as autoridades sanitarias non diros parte a Bruselas ata finais de novenbro, e non se empezaron a tomar medidas, como pechar as granxas infectadas, ata xaneiro de 2011, cando as partidas de carne contaminada xa estaban repartidas por todo o país e incluso poderían haber sido exportadas a Holanda e o Reino Unido.

Tamén en Irlanda detectáronse contaminacións por dioxinas en ao menos 38 granxas de gando vacuno.

Investiga: ¿que son as dioxinas? ¿cómo se producen? ¿cómo poden chegar aos piensos que se empregan na alimentación do gando? ¿que consecuencias pode ter no ser humano o consumo de alimentos contaminados por dioxinas?

 

Tags: , ,

4 Respostas a “O escándalo das dioxinas.”

  1. Elora Román Dixo:

    As dioxinas son o resultado da unión de un ou máis átomos de cloro a un composto orgánico, constitúen un grupo de compostos químicos que son contaminantes ambientais persistentes. Encóntranse no medio ambiente de todo o mundo e acumúlanse na cadea alimentaria, maioritariamente nos tecidos adiposos dos animais.

    Normalmente son subprodutos de procesos industriais, pero tamén se poden producir en procesos naturais como os incendios forestais ou as erupcións volcánicas. Cando estas sustancias, altamente tóxicas para o ser humano, deposítanse na terra ou na auga e son asimiladas polas plantas e cando os animais as comen acumulan as dioxinas nos seus organismos.

  2. Cesar Dixo:

    ¿sabes que é a bioacumulación? ¿cales son os efectos das dioxinas no organismo humano? ¿sabes por que é tristemente coñecida a poboación italiana de Seveso?

  3. Elora Román Dixo:

    A bioacumulación é o almacenamento de sustancias nun organismo. As dioxinas acumúlanse no tecido adiposo isto se debe a que son más solubles en graxas.

    A exposición a altas concentracións de dioxinas no organismo humano ten efectos como risco de cancro, afecta o sistema inmunolóxico, pode causar lesións cutáneas, afecta a función reproductora, etc.

    Podemos encontra moita información sobre as dioxinas nesta paxina: http://www.cancerteam.com.ar/freue_01.html

  4. Miriam Ferradanes Dixo:

    Seveso contaba cunha fábrica de pesticidas e herbicidas, o 9 de xullo de 1976 produciuse un accidente nun reactor da planta. Como resultado, emitironse substancias tóxicas, entre elas, a dioxina TCDD, altamente perigosa. Aínda que non houbo mortos, producíronse numerosas intoxicacións, danos cutáneos e do fígado de multitude de persoas, contaminación en cultivos, chan e medio ambiente, e malformacións nos bebés dalgunhas embarazadas. Actualmente é coñecido como o “Hiroshima de Italia”.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.