Mortes estacionais

Cada ano en outono e comenzos do inverno, prodúcense un certo número de mortes por causas  moi concretas e fácilmente evitables, a primeira débese á inxesta de cogumelos velenosos, por descoñecemento, erro ou imprudencia, mentres que a segunda pode achacarse á ignorancia ou ao despiste, refírome á “morte doce”

Como decía un micólogo que coñecin, referíndose á comestibilidade dos cogumelos, hai dous tipos de cogumelos: os que se comen e os que non se comen e dentro deste grupo atopamos os velenosos e os incomestibles (polo tamaño, a textura, o sabor, ….) .

imagenDentro das especies velenosas hainas que producen intoxicacións leves, pero outras son responsables de graves intoxicacións, algunhas con resultado de morte, pois os síntomas son tardíos e maniféstanse cando os tóxicos xa chegaron ao sague.

A este último grupo pertencen especies como as Amanitas (A. phalloides, A. verna e A. virosa),  a Lepiota helveola e o Cortinarius orellanus.  

Polo tanto, se vas ao monte a recoller cogumelos ten en conta as básicas normas de prudencia e non recollas nin consumas cogumelos se tes a mínima dúbida da especie á que pertence e, se dubidas, consulta cun experto, pero non te arrisques porque esa imprudencia pódeche dar un bo susto  ou…… algo peor.

imagenA morte silenciosa ou morte doce, é debida á intoxicación por monóxido de carbono.

O CO é un gas perigoso porque é incoloro, inodoro e insípido que se combina coa hemoglobina do sangue,  forma a carboxihemoglobina e, neste estado, non pode transportar oxíxeno.

O monóxido de carbono só é detectable mediante sensores e pode causala morte cando se respira en niveis elevados sen que os afectados se decaten, xa que entran nun estado de sopor sen a sensación de afogo nin de asfixia, de ahí que se lle chame a “morte doce”.

O CO prodúcese na combustión incompleta de combustibles como o butano, propano, carbón, leña, etc. Nesta época do ano  e en determinados ambientes utilízanse estufas de butano, braseiros, chimeneas, etc, polo que hai que ter a precaución de asegurarse da combustión limpa (caso das estufas de butano) e de que o ambiente teña un mínimo de ventilación.

A pesar de que moitas estufas de butano e queimadores de gas xa veñen provistos de sensores de CO e se apagan cando detectan un determinado nivel deste gas, todolos anos prodúcense varias mortes e accidentes por esta causa.

 

Tags: , ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.