O pedigrí do can de palleiro

Estamos no ano internacional da Biodiversidade. Podemos pensar que manter a biodiversidade “tan só” consiste en conservar certos hábiats e ecosistemas representativos e de todos coñecidos (arrecifes coralinos, selvas amazónicas, bosques autóctonos, …….),  pois non, tamén se basa en preservar, recuperar e potenciar razas autóctonas, tanto animais como vexetais.

Sabías que en Galicia hai seis razas autóctonas de gando vacuno, unha cabalar, outra ovina, unha de galiñas e catro de cans?,  e que varias delas están en perigo de extinción?

Ademáis, algunhas das razas de vacas críanse ceibes e contribuen a manter o monte limpo, o que representa unha vantaxe á hora de loitar contra os lumes que cada ano asolan Galicia.

imagenQuizás a raza vacuna máis coñecida sexa a rubia galega, introducida en Galicia polos celtas procedentes de Francia. Actualmente a sua área de distribución sitúase na zona de media montaña en vales fértiles do interior de Galicia. O aproveitamento desta raza e principalmente cárnico.

As outras cinco razas autóctonas son:

A vaca caldelá, que debe o seu nome a que é autóctona da terra de Caldelas e Trives. Estes animais foron considerados no seu momento como os mellor dotados para o traballo de toda Galicia, xa que os seus bois son uns extraordinarios animais de tiro.

 A vaca vianesa, orixinaria da terra do Bolo (Macizo central ourensá), a comarca máis montañosa da provincia. A cualidade máis suliñable e a súa rusticidade, que lle permite a perfecta adaptación a este medio montañoso e a súa condición de boa leiteira.

A vaca frieiresa, mirandesa ou portuguesa que ten a súa orixe na bisbarra de A Frieira, que abarca o concello de A Mezquita e a súa área de dispersión no concello de A Gudiña  e a Teixeira (xa en Zamora). É unha raza cunha triple aptitude: traballo, leite e carne, aínda que o seu aproveitamento como raza de traballo está xa en desuso pola industrialización do agro. 

 A vaca cachena é un animal de pequeno tamaño e longos cornos, con bos caracteres maternais e facilidade de partos que os fai idóneos para a súa cría en extensivo en zonas pobres de alta montaña. Aínda que os tenreiros acadan pouco peso, en comparación con outras razas, a súa carne é de alta calidade.  A súa orixe sitúase nas zonas montañosas dos municipios incluídos no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

 A vaca limiá é autóctona da bisbarra de A Limia, unha raza orientada a un triple obxectivo: traballo, leite e carne, hoxe en día adícade á producción cárnica.


Se che interesa o tema, podes buscar información sobre os efectivos actuais de cada unha das razas vacunas ou sobre as outras razas autóctonas galegas: cabalos, galiñas, porcos, ovellas e cans (entre eles o can de palleiro).  Fai unha entrada sobre o tema e non deixes de visitar a feira anual Semana Verde de Silleda.

 

Tags: , , ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.