Goodbye Mr. Polar bear.

 

imagen

O oso polar (Ursus maritimus) é o maior carnívoro terrestre,  un animal que vive na banquisa ártica. O seu principal alimento son as focas, ás que da caza cando éstas saen da auga por uns buracos que practican no xeo e, ainda que é un excelente nadador, non é capaz de cazar na auga.

A banquisa é a plataforma de xeo mariño, unha parte integral do ecosistema mariño do Ártico e o hábitat  do oso polar. A súa reducción pode traer consecuencias negativas tanto para estes animais, como para o resto de especies que a habitan.

O oso polar é tamén un termómetro do cambio climático. Algunhas das súas poboacións están en perigo, a reducción da banquisa, sobre todo no verán, dificulta moito a súa alimentación e a cría.

imagen

Os osos cada vez teñen que percorrer maiores distancias para conseguir o seu alimento. Según un equipo de investigación do Instituto Geológico de EEUU, que colocou un XPS a unha osa e a seguiu durante dous meses, constatou que o animal percorrera a nado 687 km. en nove días

Investiga: Ademáis da elevación do nivel do mar, crés que a fusión dos xeos polares pode ter consecuencias no clima?, que outras especies dese ecosistema poden estar afectadas? ¿como afectaría ao recursos pesqueiros a fusión dos xeos polares?

 

Tags: , , ,

Unha resposta a “Goodbye Mr. Polar bear.”

  1. Elora Román Dixo:

    A fusión dos xeos polares ten consecuencias diversas, como a aparición de diversas especies que agora poden sobrevivir ás novas condicións climatolóxicas. Tamén aumenta a concentración de auga doce nos oceanos que dará lugar a cambios nas correntes oceánicas, que son as que regulan o clima.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.