O furacán Yasi é de categoría 4
Hoxe, 2 de febrero de 2011, Australia esta esperando a chegada do furacán Yasi, de categoría 4 e con efectos tan destructivos como o Katrina.
Falamos dun furacán de categoría 4, pero ¿sabes como se orixina un furacán? ¿que diferencia hai entre un furacán e unha tormenta tropical? ¿e entre un furacán e un tifón?
Hai escalas moi coñecidas: a escala de pH que mide o grao de acidez dunha disolución, as escalas de Richter e Mercalli que miden a enerxía liberada e os danos ocasionados polos sismos, a escala de Mohs que mide a dureza dos minerais, as escalas termométricas (Celsius, Kelvin, Reamur e Fahrenheit), etc. pero hai outras non tan coñecidas:
Escala de Saffir-Simpson, mide a intensidade das tormentas tropicais e a relaciona cos estragos causados
Escala de Beaufort: mide a forza do vento
Escala de Douglas, mide o estado da mar
Busca información sobre os furacáns que azotaron o Pacífico durante os últimos anos, fai un listado deles anotando o seu nome, a súa categoría e os países que afectaron. ¿cómo se nomea aos furacáns? ¿Crés que podería relacionarse a incidencia e virulencia destes fenómenos co cambio climático?
Tags: clima, desastres naturais, furacán
Mércores 9 de Febreiro do 2011 ás 21:15
Os furacáns son producidos a causa dunha acumulación e desprazamento de tormentas eléctricas sobre aguas oceánicas cálidas. O aire quente da tormenta e do océano combínanse e elévanse, o que provoca baixa presion na superficie oceánica. O vento que circula en direccións opostas fai que a tormenta xire, e para encher o espazo con baxa presión, o aire se eleva máis rápido, o que atrae máis aire quente da superficie do océano, ao mesmo tempo que vai levando o aire seco e frío cara abaixo. A medida que que se despraza, absorbe máis aire e aumenta velocidade.
Para que chegue a converterse nun furacán pode estar con este proceso durante días.
Os furacáns son máis intensos e catastróficos que as tormentas tropicais; e os tifóns son o mesmo que os furacáns.
Venres 11 de Febreiro do 2011 ás 13:56
Podes buscar información sobre os furacáns que asolaron o Pacífico nos últimos dez anos? Busca tamén o seu nome e categoría.
Á vista deste gráfico podes relacionar a intensidade e número de furacáns co cambio climático. Busca información e argumenta o teu comentario
http://ram.meteored.com/numero37/imagenes/recor.jpgía