Temos asimilado o bo tempo cunha situación estable e anticiclónica, pero é realmente así?

imagenO tempo estable e anticiclónico, de ceos despexados e case sen vento pode parecernos un tempo marabilloso, pero tamén ten as súas contrapartidas, sobre todo cando esa situación acontece en inverno. Nestas condicións pode aparecer o fenómeno da inversión térmica

aragonaire.es

En condicións normais, as masas de aire máis cercanas á superficie quéntanse,  o seu  volume aumenta e a súa densidade diminúe, polo que ascenden. Conforme o fan van, arrefriando a razón de 0,65 ºC/100m., é o que se chama o gradiente vertical de temperatura ou GVT, este movemento vertical de masas de aire permite unha boa dispersión vertical dos gases e partículas que contén

Pola contra, nunha situación de inversión térmica (en superficie ou a certa altura)  a temperatura aumenta coa altura, e aparece unha capa de aire máis quente que a masa inferior, nestas condicións inhíbense os movementos verticais de aire e xérase unha gran estabilidade atmosférica. É un fenómeno natural e por sé mesma non representa risco para a saúde humana, pero se a masa de aire está recibindo contaminantes antropoxénicos éstes se concentrarán nela, que foi o que aconteceu en Madrid estes días atrás.

Xeralmente a inversión térmica remata cando se quenta o aire que está en contacto co solo e se restablece a circulación normal na troposfera, pero en condicións meteorolóxicas desfavorables a inversión pode persistir durante días.

 

Tenta explicar a seguinte imaxe (http://www.terra.es/personal/forma_xxi/cono1.htm)

 imagen


 

Tags: , ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.