É posible o ser humano perfecto?

imagen

 

Cos novos avances tecnocientíficos xorde tamén a posibilidade de intervir no noso corpo e mente para borrar defectos e potenciar habilidades. Organizacións como Google ou a Nasa xa están financiando o novo movemento chamado transhumanismo. O obxectivo é obter maior lonxevidade, control da nanotecnoloxía cerebral, intelixencia artificial… en definitiva, conseguir mellorar a nosa especie e alcanzar a perfección.

Tanto a tradición xudeo-cristiá coma as diversas relixións afirmaban que somos creación dunha divinidade “a súa imaxe e semellanza”. Hoxe sabemos que a nosa evolución de millóns de anos é a responsable de que seamos o que somos. A idea fundamental do movemento transhumanista é que o humano é quen de alterar a súa propia evolución, modificar o seu corpo e a mente con total liberdade deixando en segundo plano a evolución meramente biolóxica. Noutras palabras, diseñarnos a nós mesmos coa axuda da tecnoloxía.

Unha idea recurrente na ciencia ficción que parece que comeza a ter vida. Os humanos alíanse coa robótica para soñar con organismos diversos: cyborgs, siliborgs, symborgs… De feito, múltiples tecnoloxías de esta natureza (coma chips cerebrales, interfaces neuronales, desfibriladores implantables, lentillas biosensoras, nanotecnoloxía) están xa en uso ou estudándose.

O escritor Julian Huxley é o creador do termo, nas súas propias palabras “o home segue a ser home pero trascendéndose a si mesmo, realizando novas posibilidades de, e para, a súa natureza humana”. “Creo no transhumanismo. Chegará o momento no que a especie humana alcanzará o umbral dun novo tipo de existencia, que será tan diferente de nós coma nós o somos do Homo erectus”.

A organización máis representativa do movemento é a Humanity+, anteriormente unha ONG coñecida como World Transhumanist Association. David Orban é actualmente un dos defensores máis coñecidos deste movemento, é asesor da Universidade da Singularidade, que imparte cursos sobre estas tecnoloxías.

Pero existe tamén polémica co tema e abundantes críticas ao movemento. Que ocurriría con aqueles que non tiveran acceso aos avances? É lícito elexir unhas determinadas características e desbotar outras? Aumentarían as desigualdades sociais? Podemos alterar a evolución natural, aínda que sexa coa excusa de alcanzar a perfección? Xogar, como quen di, a ser Deus? É por iso que para algúns científicos, como Francis Fukuyama, o transhumanismo é “a idea máis perigosa do mundo”.

Deixará o Homo Sapiens lugar ao Homo Cyborg? O debate está máis vivo que nunca.

 

Tags: , ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.