¿Vida noutros planetas?

Ilustración conceptual do Kepler-22bNASA anunciou o pasado luns que a misión Kepler descubriu xa máis de 2.000 candidatos a planetas, datos que case dobran o censo anterior. Sen embargo, os científicos sinalan que necesítanse máis observacións para verificar que, efectivamente, se tratase de planetas, pois por agora só se confirmaron 28 das 2326 candidaturas.

Esta misión tamén atopou o seu primeiro exoplaneta nunha ‘zona de habitabilidade‘, a rexión en torno a sua estrela que lle podería permitir dispor de agua líquida na súa superficie. Xa comezou o congreso científico que reunirá durante esta semana a expertos en astrofísica para facer balance dos descubrimientos de ‘Kepler’.

imagenO novo planeta confirmado, ‘Kepler-22b‘, está situado a unha distancia de 600 anos-luz da Terra e orbita en torno a unha estrela parecida ao Sol. É o máis pequeno que se atopou orbitando na zona habitable dunha estrela similar á nosa. Ten 2,4 veces o radio da Terra e, aínda que os científicos non saben se se trata dun obxeto rochoso, gaseoso ou de composición líquida, a NASA considerao como un importante descubrimento e un gran paso na búsqueda de planetas similares á Terra.

O pasado mes de novembro un equipo de investigadores propuxo o primeiro sistema para clasificar todos estes novos descubrimentos e dispor dun catálogo de exoplanetas potencialmente habitables hacia os que dirixir xa mirada. Encabezan a lista ‘Gliese 581g’ e ‘Gliese 581d’.

 

Tags: , ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.